Con tres vitorias e tres derrotas se saldou a fin de semana competitiva da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS, destacando a goleada do cadete de Liga Galega, que continúa líder.
XUVENIL
Os de Daniel Ventoso conseguiron un importante triunfo diante do Stellae FS - Zimal, o segundo en dous partidos disputados, por 3-1. Os goles, obra de Brais Sueiro, Hugo Romero e Jorge González. Con 6/6 puntos, os noieses son segundos empatados co Oroso FS CD.
A GALERÍA do encontro, AQUÍ.
CADETE
Máis líder o cadete de Liga Galega, con 19 puntos en 7 xornadas, despois de vencer na cancha do Os Meigallos FS por 3-7. Anotaron os tantos Daniel García, Martín Neo, Álvaro Fernández, Miguel Romero (x2), Fernando García e Roi Castro.
Escapouselle a opción de sumar os primeiros puntos da temporada ao cadete de 1ª Autonómica no tramo final. Os goles de Jose Prego e Iván Fernández mantiveron aos brancos na loita polo partido, que se terminaron levando os xogadores de La Salle por 2-5.
A GALERÍA do encontro, AQUÍ.
INFANTIL
Preto de lograr a remontada na cancha do Jogafan Ordes FS "B" quedou o infantil, que acabou perdendo por 3-2, con tantos de Andrés Campos e Carlos Suárez. Os brancos son cuartos con 3 puntos.
ALEVÍN
Por 7-4 caeu o alevín na pista do AD Codima Asesoría Garea "B". Os goles noieses conseguíronos Gael González (x2), Iván Queiro e Nicolás Barreiro.
PREBENXAMÍN
Segunda vitoria en dous partidos para os máis pequenos da Escola Deportiva, neste caso vencendo por 1-2 ao Bertamiráns CF.
Comments