top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Así pechou novembro a nosa base



As categorías inferiores do Noia Portus Apostoli FS puxeron fin ao mes de novembro cos seguintes resultados:


XUVENIL

Goleada dos de Daniel Ventoso para manterse no co-liderado da táboa, unha semana antes dun enfrontamento directo contra un dos rivais co que comparte esa posición. Os seis tantos do 6-0 correron a cargo de Hugo Romero.


CADETE

Novo triunfo do cadete de Liga Galega, unha semana máis conservando a súa vantaxe como líder do campionato con 31 puntos en once partidos. Os de Palmas venceron ao Concello de Begonte por 3-6, con goles de César Calatayud x2, Roi Castro x2, Alejandro Corbillón e Fernando García.


INFANTIL

Inmellorable comezo da segunda fase ligueira para o infantil de Pablo Cardoso, que goleou ao EFS Trasgos por 10-3. Anotaron os goles Carlos Suárez x3, Ismael Martínez, Gabriel Cutrin x3, Adrián Yáñez x2 e Isaac Sampedro.



ALEVÍN

Sen actividade en 1ª Autonómica, os alevíns de Insua só tiveron compromiso en Liga Xogade, no que caeron por 8-0 contra o ED Negreira "A".


BENXAMÍN

Non puido comezar con bo pé o benxamín a segunda fase da 1ª Autonómica, aínda que estivo preto de facelo contra o Victoria FC - Dinos "C". Ao final, derrota por 3-5, cos goles noieses por parte de Nicolás del Río, Diego Suárez e Marco Tubío. En Liga Xogade, ampla derrota contra o ED Negreira "A" por 12-0.


PREBENXAMÍN

Vitoria dos prebenxamíns na visita do EDS Santa Marta ao Agustín Mourís para dar inicio ao grupo 1 da segunda fase de Liga en 1ª Autonómica. En Liga Xogade, derrota por 3-1 diante do ED Negreira "A".

댓글


bottom of page