Catro vitorias e cinco derrotas foron os resultados que se sucederon esta pasada fin de semana nos partidos da nosa Escola Deportiva!
XUVENIL
Grazas ao seu triunfo por 2-6 diante do Alto do Vento FS "B" e á derrota do Oroso FS CD, o Xuvenil de Daniel Ventoso pasa a ocupar o liderado en solitario da 1ª Autonómica, con tres puntos de diferencia co propio Oroso FS CD e o Alto do Vento FS "A". Na vitoria noiesa do sábado, anotaron Hugo Romero x2, Jorge González, Luis Viñas e Eloy Gerpe x2.
CADETE
Remontada in extremis do Cadete de Liga Galega para sumar tres novos importantes puntos. Co 2-3 no marcador, o adestrador Palmas apostou polo xogo de cinco para darlle a volta. Lográrono cos goles de Miguel Romero e César Calatayud, que conseguiu un hat-trick, que permiten aos brancos manter a distancia no liderado, con 44 puntos no seu casilleiro.
Non tivo o seu día o Cadete de 1ª Autonómica, que caeu contra o Stellae FS "B" por 1-12. Alejandro Hermida marcou o gol dos noieses, que se sitúan 8º con 13 puntos na táboa.
INFANTIL
Os de Pablo Cardoso continúan preto da cabeza do Grupo 2 da 1ª Autonómica, logo de golear por 3-12 ao EFS Trasgos. Gabriel Cutrin x6, Andrés Campos, Ismael Trillo x3 e Carlos Suárez x2 foron os goleadores da tarde dun equipo que é 2º con 12 puntos, a 3 do líder Alto do Vento FS.
ALEVÍN
Coa mel nos beizos quedou o conxunto Alevín, que, a pesar de comezar gañando por 0-2 con dous tantos de Nicolás Barreiro, terminou cedendo 3-2 na cancha do FC Meigas. Os noieses aínda están pendentes de sumar os seus primeiros puntos no Grupo 2 da 1ª Autonómica. Antes, o venres, tiveron encontro de Liga Xogade, caendo por 0-8.
BENXAMÍN
Dobre derrota do Benxamín, primeiro o venres en Liga Xogade contra o ED Os Miudos "A" e despois o domingo, na pista do EFS Rodeiro, por 3-0, en partido do Grupo 2 da 1ª Autonómica. Na clasificación sitúanse 6º con 3 puntos.
PREBENXAMÍN
Para o Prebenxamín, unha derrota e un triunfo no seu dobre compromiso da fin de semana. En Liga Xogade foron superados polo ED Os Miudos "A" por 0-2, pero repuxéronse o domingo vencendo por 2-4 ao AD Codima - Galipizza no Grupo 1 da 1ª Autonómica, onde son 5º con 10 puntos.
Comments