Dúas vitorias e dúas derrotas despois da fin de semana desta xornada da base noiesa, que se pechará o mércores co encontro do prebenxamín.
·Caeu o xuvenil fronte A Estrada Futsal no seu segundo partido na Copa. O gol dos noieses, que se manteñen segundos con tres puntos, obra de Andrés Buján.
·Cumpriu o cadete co que tiña que facer para poder ter opcións de gañar a Liga... pero non se deron os resultados que precisaban nos outros encontros. 2-3 sobre o Club Melide FS, con goles de Hugo Romero, Fernando García e un en propia portería, e finalmente segundos na clasificación con 17 puntos, a un do campión CD Compañía de María.
·Empezan con bo pé os alevíns o seu concurso na Copa, goleando ao A Estrada Futsal. Os tantos anotáronos Fabio Mayán en catro ocasións, Roque Albán e Muhammad El Harran.
·Caeu o benxamín na súa visita ao Victoria FC "B". Iván Queiro e Hugo Leis convertiron os goles do seu equipo no debut en Copa.
תגובות