top of page

RESULTADOS BASE | Fin de semana 26/3 a 27/3



Unha vitoria, dous empates e dúas derrotas na fin de semana das nosas inferiores.


·O xuvenil terminou esta fase da Liga en cuarta praza con 21 puntos, logo da súa vitoria con remontada incluida sobre o Oroso FS CD. Goles noieses por parte de Roi, Hugo Romero e en propia porta.


·Tamén remontadas tivo o duelo do cadete contra o Club Melide FS. Do 1-0 ao 1-2, que deu paso ao 3-2 e, finalmente, o 3-3. Reparto de puntos nun grande partido, no que Fernando conseguiu os tres goles brancos, que se manteñen segundos con 8 puntos, a dous do Melide.



·Cun empate a un gol contra o San Francisco Teo pechou este apartado ligueiro o alevín. Muhammad anotou o tanto dos noieses, que tras acabar terceiros con 13 puntos, competirán agora no grupo 5 da fase final.


·O benxamín avanza ao grupo 3, despois de pechar esta fase coa derrota contra o Villestro SD "A". Pablo Seoane e Nicolás Barreiro, este por partida dobre, anotaron as dianas noiesas.


·Caeu o prebenxamín por un global de 1-2 na visita do Atlético Fátima "B". Nicolás marcou os dous tantos que lograron os nosos, que na fase final competirán no grupo 3.


Comments


bottom of page