Unha vitoria e cinco derrotas na fin de semana das inferiores do Noia Portus Apostoli FS.
·A pesar do dobrete de Andrés Buján que puxo dúas veces por diante ao xuvenil, finalmente non puideron sumar na casa do Jogafán Ordes. Os noieses son cuartos con 18 puntos, a falta dunha xornada para o fin do campionato.
·O cadete foi o único equipo que sumou os tres puntos esta fin de semana. Roi, Saúl e Fernando por tres veces anotaron os goles para o triunfo contra o Jogafán Ordes, o que lles permite ascender á segunda praza con 7 unidades.
·O infantil estragou a oportunidade de engancharse á zona máis alta da táboa. Xoel puxo o 1-1, pero finalmente o CD Compañía de María levouse o gato á auga por 3-1. Cuarta praza con nove puntos para os noieses na Liga.
·Caeu o alevín fronte o Atlético Fátima "C". Andrés Suárez anotou o único gol dun equipo que é terceiro con doce puntos.
·Non foi o día do benxamín, superado polo líder da categoría.
·Púxolle o prebenxamín as cousas difíciles ao Atlético Fátima "A", que acabou vencendo por un curto 2-0. Só unha xornada resta para o noso equipo.
Comments