Dúas vitorias e catro derrotas para as inferiores do Noia Portus Apostoli FS nesta finalizada xornada. O xuvenil, que foi o encargado de pechar a fin de semana, realizou unha boa actuación a pesar das circunstancias do partido ante o líder invicto do seu campionato, mais non puido sumar.
Si puideron facelo o infantil e o alevín, que superaron ao Oroso FS CD e ao A Estrada Futsal, respectivamente, nos seus encontros. Dobre derrota para o benxamín, ante o Villestro SD primeiro e despois contra o Bertamiráns CF, na recuperación dun partido aprazado. Finalmente, a tamén caída do prebenxamín na súa visita ao Alto do Vento FS.
Comments