Dúas vitorias e tres derrotas na fin de semana protagonizada polas inferiores noiesas nesta xornada.
·Primeira derrota do cadete, que caeu por 1-3 diante do CD Compañía de María. Álex Hermida anotou o gol branco, e na clasificación agora son cuartos con oito puntos.
·As dúas vitorias colleitadas viñeron de mans do infantil. Perfecta fin de semana, co triunfo por 5-1 o venres contra A Estrada Futsal (goles de Carlos Suárez, Aarón Sánchez, dous de Joel García e Xoel Canosa) e o domingo por 0-1 contra o Oroso FS CD (gol de Manuel Fernández). Na táboa son terceiros con quince puntos, a falta dunha xornada.
·Comezou a nova fase ligueira o benxamín na cancha do Atlético Fátima con clara derrota por 5-0.
·Tamén empezou a súa fase perdendo o prebenxamín, no seu caso por 3-0 ante o Club San Francisco Teo "A".
Comentários