top of page

PREVIA | Sala Ourense-Noia Portus Apostoli FS | Tempo de Copa Galicia

A XXX edición do torneo autonómico comeza para o cadro branco no Pazo dos Deportes Paco Paz ourensán este martes 1 de febreiro a partir das 21:00 horas.
O duelo correspóndese aos cuartos de final, que se disputan a eliminatoria única, e non terá emisión en directo.
O conxunto branco comezou a semana de adestramentos preparando o partido de martes de Ourense

Inmerso nunha racha fantástica que xa chega aos doce triunfos consecutivos, o plantel do Noia Portus Apostoli FS afronta este martes 1 de febreiro o inicio da XXX Copa Galicia. Terceira competición en disputa para os noieses, que para manter esa condición terán que superar ao Sala Ourense, rival nestes cuartos de final.


Finalista na última edición xogada, o Portus Apostoli non se pon límites nesta Copa Galicia, pero mantén os pés na terra e o respecto cara o seu contrincante. Con toda a concentración e ambición irán a Ourense os de Marlon Velasco para sellar a súa entrada no torneo con triunfo. Para o encontro ten confirmado o regreso de Palmas, liberado aquí da sanción que termina de cumprir a próxima fin de semana en Liga, e podería incorporar tamén a Pirata, despois de ser baixa en Castellón.


No Paco Paz agarda un Sala Ourense que recibirá ao líder da Segunda División con toda a ilusión do mundo, e tamén coas ganas de tentar dar a sorpresa. Os ourensáns, dirixidos por Óscar Vivián, comezaron a XXX Copa Galicia en setembro, e polo camiño derrotaron ao ED Vigo 2015 (3-4), Pizarras los Tres Cuñados (3-5) e Ganomagoga IES Coruxo FS (4-5), gañándose o dereito a recibir ao Portus Apostoli e soñar con facer historia.


No seu campionato doméstico, o Sala Ourense é décimo con 23 puntos no Grupo 1 da Segunda División B, e chegará a este partido copeiro despois de empatar 4-4 na cancha do Ribeira FS.

A Copa Galicia dalle a oportunidade ao Noia Portus Apostoli FS de estar a catro partidos dun título que non ten nas súas vitrinas, e despois de tócalo cos dedos na última ocasión, neste 2022 non quere deixar escapar o momento.


Resto de eliminatorias


5 Coruña FS-O Parrulo Ferrol FS


Carballiño FS-Santiago Futsal


CD Lugo Sala-Pescados Rubén Burela (de aquí sae o rival en semifinais do gañador do Sala Ourense-Noia Portus Apostoli FS)


O desprazamento


Despois de adestrar pola mañá, a expedición noiesa poñerá rumbo ao Paco Paz na tarde do martes.


Precedentes


·19 de decembro de 2015 | J15 Segunda División B 2015/2016 – Grupo 1 | Noia FS 5-1 Sala Ourense

·7 de maio de 2016 | J30 Segunda División B 2015/2016 – Grupo 1 | Sala Ourense 0-2 Noia FS


DECLARACIÓNS PREVIAS | Marlon Velasco


Comentários


bottom of page