top of page

O SD Pazos de Borbén FS, rival no comezo da defensa da Copa Galicia

Os noieses visitarán o pavillón municipal da localidade pacense o vindeiro mes de febreiro, despois do sorteo realizado o luns 19 na sede da Real Federación Galega de Fútbol que emparellou a ambos equipos.

O Noia Portus Apostoli FS xa coñece o adversario co que empezará a súa defensa do título da Copa Galicia, logrado o pasado mes de maio en Marín. Os de Marlon Velasco enfrontaranse ao SD Pazos de Borbén FS como visitantes o próximo 8 de febreiro, en partido de cuartos de final da XXXI edición do torneo autonómico.


Clàudia Pons, seleccionadora española absoluta feminina, e Albert Canillas, seleccionador nacional Sub-21 masculino, foron as mans inocentes dun sorteo realizado na tarde do luns 19 na sede da Real Federación Galega de Fútbol en Santiago de Compostela. A seleccionadora foi a encargada de sacar a bola dos noieses, trasladados á parte esquerda dun cadro que desvelou o camiño a tratar de percorrer polos nove equipos aínda en competición (falta por coñecerse o gañador da eliminatoria Xove-Vilalba da anterior fase).

(foto: Manuel Lorenzo)

O SD Pazos de Borbén FS é actualmente segundo na Terceira División, despois de lograr o ascenso a pasada campaña de forma autoritaria. Polo tanto, comparte categoría co filial noiés, ao que venceu na primeira xornada do campionato por 1-4 no Agustín Mourís, sendo o primeiro paso dun equipo que aspira ao ascenso ao escalón de bronce do fútbol sala nacional.


Ademais de coñecer emparellamentos e distribucións, a RFGF tamén desvelou as datas das seguintes roldas, co 29 de marzo destinado ás semifinais (a partido único) e o 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás finais masculina e feminina, en sede aínda por determinar.


Así queda o cadro e o resto de eliminatorias


コメント


bottom of page