O Noia Portus Apostoli B concedeu demasiado na súa visita a Os Meigallos FS, o que terminou por quitarlle por completo calquera opción de sumar.
Coa de onte sábado son xa cinco partidos a domicilio coñecendo tan só a derrota para o filial branco. Presentouse sobre o Municipal José Mario González un partido equilibrado entre ambos conxuntos, que os propios erros dos noieses terminarían por deixar os puntos en Sarria.
Tanto nunha área como na outra o Noia Portus Apostoli B otorgou demasiada vida aos locais. Primeiro errando as dúas ocasións máis claras coas que contou na primeira metade, e logo, despois de aguantar no apartado defensivo con certa folgura, servirlle o gol que abrira o partido en bandexa de prata aos locais, transcurrido o minuto quince de xogo.
Se nunha pérdida en saída de presión chegaba o 1-0, nun mal control na propia área Os Meigallos FS facían o segundo, a algo máis dun minuto para o descanso. Un duro golpe ao traballo visitante, que se vía cunha clara desvantaxe encarando vestiarios sin facer, para nada, moitos menos méritos que os locais.
Descanso, Os Meigallos FS 2-0 Noia Portus Apostoli B
Coa clara convicción de darlle a volta ao marcador saía o cadro filialista á segunda metade, buscando máis velocidade e intensidade para axitar o encontro. E para axitalas aínda máis, apenas cinco minutos despois da reanudación introducían o xogo de cinco no intento de encontrar superioridades en campo contrario.
E así foi, os noieses atoparon esas superioridades, pero estaba claro que non era o día de novo para eles. Todas as oportunidades que crearon acababan estrelándose sobre a resistencia local ou paseándose diante da súa portería, o que non facía máis que minar a esperanza branca.
Unha que no minuto 34 levaría un golpe definitivo, cando aproveitando ese xogo de cinco Os Meigallos FS convertían o seu terceiro tanto da tarde para deixar máis cerca o triunfo.
Ata o bocinazo final o seguirían tentando os noieses, pero sen éxito nin sequera para lograr o que sería o gol da honra, sendo este o primeiro partido da temporada no que quedan a cero.
Final do partido, Os Meigallos FS 3-0 Noia Portus Apostoli B
Presentábase este como un partido moi importante no vestiario noiés, tanto pola mala dinámica fóra de casa como pola situación na táboa, pero de novo a condición de visitante volveu a sentarlle moi mal ás súas aspiracións. Con este resultado, os noieses mantéñense sextos con 18 puntos, pero cos que veñen atrás aproximándose, entre eles Os Meigallos FS, que lles empatan. A próxima xornada o Noia Portus Apostoli B regresa ao Agustín Mourís, o seu feudo aínda inexpugnable, para recibir a outro equipo sito por detrás del, o Castroverde FS.
Comments