top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Fin de semana con moitas alegrías!



Ata cinco vitorias entre 1ª Autonómica e Liga Galega na pasada fin de semana para a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS!


XUVENIL

O cadro de Daniel Ventoso logrou unha importante vitoria fronte o Alto do Vento FS "A" por 3-2. O gol de Luis Viñas, que anotou dous, a falta de vinte segundos foi clave para conseguir o triunfo. Pau Codony adiantou aos noieses, que son agora colíderes só xunto ao Oroso FS CD.



CADETE

Os tantos de César Calatayud e Fernando García desatascaron un encontro no que o Cadete de Liga Galega dominou pero non tivo o acerto de cara a portería doutros días. Con esta vitoria fronte o Academia 5 Coruña FS "B", os de Palmas son máis líderes con 41 puntos.


Con contundencia venceu o Cadete de 1ª Autonómica de Julio Moreno, superando por 2-7 ao O Rodo EFS Rodeiro. Iván Fernández, Alejandro Hermida x2, Joel García, Fabio Gesto x2 e Jorge Outón anotaron os goles noieses, que se sitúan oitavos con 13 puntos na táboa.


INFANTIL

O equipo Infantil de Pablo Cardoso retornou ás vitorias, despois de superar ao AD Codima - Gráficas Esteiro por 3-6, con tantos de Carlos Suárez, Eric di Fortuna, Adrián Yáñez, Gabriel Cutrin x2 e Ismael Martínez. Agora, tras catro xornadas, os nosos son segundos con 9 puntos no Grupo 2 de 1ª Autonómica.


ALEVÍN

Co aprazamento do partido do sábado de 1ª Autonómica, os de Iván Insua só tiveron compromiso de Liga Xogade, que se resolveu con derrota fronte o Outes FC por 4-3.


BENXAMÍN

Nicolás del Río conseguiu o único tanto do Benxamín, que caeu por 1-9 no Agustín Mourís contra o Jogafán Ordes FS "B". Os noieses sitúanse 5º con 3 puntos na clasificación do Grupo 2 de 1ª Autonómica. En Liga Xogade, derrota por 5-3 contra o Outes FC.


PREBENXAMÍN

O Prebenxamín comezou a fin de semana caendo por 4-0 diante do Outes FC en Liga Xogade e rematouna gañando ao Victoria FC - Furia "A" por 3-1, para colocarse cuartos con 7 puntos.


Comments


bottom of page