Catro partidos esta fin de semana e un que quedará para o próximo mércores 11 son os compromisos que se presentan para a base noiesa.
·Despois de descansar a pasada semana, o xuvenil regresa para a xornada 3 da Copa, recibindo na tarde do domingo ao A Estrada Futsal.
·O cadete visita Melide na última xornada do campionato con moitas opcións á vista. Terceiro con 14 puntos, está a tan só tres dos rivais desta matinal do sábado, líderes da clasificación. En caso de gañar e que non o faga o CD Compañía de María, segundo con 15 unidades, os noieses serían campións. Porén, e demostrando a igualdade, segundo os resultados que se dean, tamén poderían caer á cuarta praza final.
·Empeza a Copa para o alevín recibindo, ao igual que o xuvenil, ao A Estrada Futsal na tarde do domingo no Municipal Agustín Mourís.
·O benxamín tamén comeza o seu periplo no apartado copeiro, aínda que no seu caso como visitante diante do Victoria FC - Sendokai "B", na mañá do domingo.
·E non será esta fin de semana, senón mércores cando xogue o prebenxamín, tamén para dar inicio á Copa contra o Victoria FC - Furia "A".
Comments