Esta xornada todas as inferiores do Noia Portus Apostoli FS teñen compromiso competitivo. Comezando polo xuvenil, os únicos que xogarán en sábado, visitando ao Oroso FS CD "B" a partir das 11:00 horas.
Para o domingo quedan o resto de encontros, incluidos os tres que se disputarán en Noia. Cadete (vs Alto do Vento FS), alevín (vs FC Meigas) e prebenxamín (vs Racing San Lorenzo) serán os cadros brancos que actúen como locais esta fin de semana. A xornada dominical deixará tamén os envites de infantil e benxamín como visitantes, diante do AD Codima Compostra e o Alto do Vento FS, respectivamente.
Comments