A excepción do equipo cadete, o resto de categorías da escola deportiva do Noia Portus Apostoli FS remataron a semana pasada as súas respectivas competicións, poñendo punto e final á temporada 2021/2022.
O cadete que dirixe Julio Moreno afronta na mañá deste sábado en Santiago a semifinal da Copa Cadete diante do Club Melide FS. A outra semifinal enfronta a CD Compañía de María e Santiago Futsal "B". Os nosos buscarán o pase á final para seguir redondeando unha grande temporada. Moita sorte, rapaces!
Comments