Ata oito partidos, con algunhas categorías repetindo, nesta fin de semana da base noiesa que xa comeza o venres. Descansa o cadete, que o luns gañou ao Alto do Vento FS por 4-2 (goles de Hugo Romero x2, Luis Viñas e Fernando García).
·Última xornada da fase de grupos copeira para o xuvenil, que recibe ao Jogafán Ordes FS na mañá do domingo.
·O infantil xoga hoxe venres na cancha do A Estrada Futsal e o próximo domingo contra o Victoria FC "A" o encontro que estaba programado para o pasado martes.
·Triple cita para o alevín, que tamén rematará a fase de grupos copeira. Venres xoga contra o Atlético Fátima ás 19:00h, sábado recibe ao Club San Francisco Teo ás 12:30h e domingo visita ao Stellae FS "B", en partido aprazado, ás 17:00h.
·O benxamín enfróntase ao Villestro SD "B" no seu último choque da fase de grupos de Copa.
·O prebenxamín tamén termina a súa fase de grupos visitando ao Club San Francisco Teo "B".
コメント