Cinco partidos programados na xornada que lle agarda ás nosas categorías inferiores nos vindeiros dous días.
Empeza este sábado 19 unha nova fin de semana de partidos para a base do Noia Portus Apostoli FS. Precisamente na xornada sabatina se disputarán a maior parte dos mesmos.
Pola mañá o alevín visita A Estrada e o benxamín recibe ao Villestro SD. Para a tarde queda o encontro do prebenxamín diante do Alto do Vento FS.
Domingo reserva os dous últimos partidos da fin de semana da base noiesa, ambos no Agustín Mourís. Na matinal o infantil enfróntase ao Oroso FS CD, e para pechar a actividade, despois do choque do filial, o xuvenil recibe ao Stellae FS.
Comentarios