top of page

Finalizada a temporada para a nosa base

Os equipos das categorías inferiores do Noia Portus Apostoli FS coñeceron esta mañá o peche definitivo do curso 2019-2020 coa resolución da Real Federación Galega de Fútbol.


Despois de dous meses e medio parados pola pandemia da COVID-19, filial e base do Noia Portus Apostoli FS xa saben de maneira oficial que a temporada 2019-2020 está rematada para eles. Así o fixo saber a Real Federación Galega de Fútbol nun comunicado emitido esta mañá.


Desta forma, o Noia Portus Apostoli B finaliza a súa segunda campaña seguida na Preferente Autonómica – Grupo Norte na quinta praza con 35 puntos, dous postos por debaixo dos que dan posibilidade de ascenso.


Por parte do resto de conxuntos, así finalizan o curso:


Xuvenil: 11º con 5 puntos na Liga Local Xuvenil, sen resultado en Copa.


Cadete: 5º con 27 puntos na Liga Local Cadete.


Infantil: 6º con 25 puntos na Liga Local Infantil.


Benxamín: 5º con 21 puntos na Liga Local Benxamín.


Prebenxamín: 5º con 25 puntos na Liga Local Prebenxamín.

Comments


bottom of page